Data
Czwartek 17 Maj 2012 — Sobota 19 Maj 2012
Lokalizacja
Allariz
Campo de Vilanova,
Allariz, Ourense,
Spain
Link
http://www.reperkusion.com/webgalego/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1
Opis
Chega unha nova edición do Reperkusión: a décima, que este ano se adianta para celebrarse na primavera, os días 17, 18 e 19 de maio. Para celebrar a primeira década de existencia do festival máis festeiro desta parte do mundo, temos un cabeza de cartel excepcional: Manu Chao! Estará con nós actuando non un senón dous días: o xoves 17 e o sábado 19. Unha cita inexcusable na que serán as súas únicas actuacións previstas nun festival da Península.
A rumba catalá e os ritmos balcánicos terán o seu oco na décima edición do festival Reperkusión, que se celebra o 17, 18 e 19 de maio en Allariz (Ourense). Incorpóranse tres novos nomes: os bosnios Dubioza Kolektiv, o macedonio Kiril Dzajkovski e os cataláns La Troba Kung-Fú. Nos tres casos parten dos sons tradicionais dos seus países para facer música contemporánea e festiva. Tres propostas moi diferentes que se unen a un cartel mestizo, reivindicativo e intercultural encabezado por Manu Chao, que ofrecerá dous concertos no festival.
O propio Manu Chao e o debuxante polaco-francés Wozniak deseñaron o cartel do festival, cos seus característicos debuxos coloristas e naïf.
Występuje (8)
Nie chcesz oglądać reklam? Ulepsz teraz
6 wybrało się
13 zainteresowanych
-
Usunięty użytkownik